top of page

Educación primaria

• Taller de ciencias. 

Neste taller trátanse un conxunto de actividades que pretenden ensinar, desde un enfoque lúdico, conceptos e procedementos matemáticos básicos tratados na escola, intentando cambiar a súa actitude hacia éstas. Para descubrir os segredos da ciencia traballaremos conceptos a través de divertidos experimentos de física, reaccións químicas, xogos cos sentidos, taller de experimentos, etc. 

ciencias

• Taller de xeografía e o medio. 

Un dos temas centrais da xeografía é a relación home-natureza. Mediante este taller o alumnado comprenderá a representación gráfica da superficie terrestre, a distribución espacial de fenómenos significativos na paisaxe, cómo funciona a natureza e a coidará cos talleres de reciclaxe, experimentos e as dinámicas de role playing que se contemplan para esta actividade.

xeografia

• Taller de linguas. 

Este taller xira en torno ao desenvolvemento de destrezas que lle permitan ao alumnado analizar a información extraendo as ideas principais, pensar de maneira solidaria, respetuosa e crítica, e expresarse de forma creativa tanto oralmente como por escrito respectando as normas fundamentais que facilitan a comunicación. 

Linguas

• Taller de artes manuais. 

Taller específico de creación de figuras con diferentes materiais: goma eva, fimo, fieltro, cartulina, etc 

Manuais

• Clases de Apoio e Técnicas de Estudo. 

A finalidade destas clases é facilitar ás/os alumnas/os hábitos e técnicas de estudo que faciliten a aprendizaxe dos contidos así como a recompensa intrínseca do propio esforzo. As estratexias de motivación basearanse na estimulación da atención (activar, manter, estimular e motivar), na presentación dos contidos de forma atractiva, como por exemplo empregando as novas tecnoloxías ou atendendo á aplicación dos contidos en situacións reais e/ou simulados no contexto social.

TecEstudo

• Debuxo e pintura. 

Un espazo de xogo e recreación a través da exploración de diferentes materiais. Realizanse experimentos creativos co debuxo e a pintura como medios que alentan a expresión e a comunicación nos menores. Ao mesmo tempo, se traballan técnicas artísticas non convencionais como o ensamble de obxectos reciclados, o grabado e/ou o collage. Foméntase nos menores o interese polas manifestacións plásticas de distintas culturas e coñecerán diferentes obras. 

Pintura

• Informática. 

Profundizamos en conceptos informáticos, procesadores de texto, editores de imaxe, envío e recepción de correo electrónico e traballo con ferramentas na nube pero o mesmo tempo desenvolvemos actividades para que o alumnado vexa a practicidade dos conceptos aprendidos. 

Informatica
Scratch

• Scratch

 

Scratch é unha linguaxe de programación desenvolvida polo MIT para que os menores se acheguen dunha forma sinxela e lúdica ao mundo da programación.


Mentres realizan as súas propias historias ou videoxogos desenvolvendo a súa creatividade aprenden estruturas básicas de programación como bucles, condicionais, chamadas a funcións, obxectos... 

A partir do sete anos introduciranse sen darse conta no mundo da programación, destreza que será tan básica como o é saber inglés hoxe día.

Robótica

A robótica é unha materia interdisciplinar na cal se traballa directamente a programación, a mecánica ou o electrónica pero tamén se traballan outras áreas como as matemáticas, a física, a linguaxe, o coñecemento do medio entre outras disciplinas.

En cada proxecto trabállanse distintas áreas do sistema regulado.
 

Como beneficios podemos índicar:

  • Introduce as nenas e nenos os conceptos básicos de electrónica e mecánica.

  • Achega ós menores ó mundo da programación.

  • Pasan de ser usuarios da tecnoloxía a comprender como funciona e incluso a ter capacidades de reproducir as súas propias ideas.

  • Mellora a psicomotricidade fina dos menores, así como a intelixencia física-kinestésica.

  • Mellora a intelixencia lóxico-matemática.

  • Mellora a capacidade de atención e concentración.

  • Mellora a intelixencia lingüística.

  • Mellora a intelixencia interpersonal, traballo en equipo.

  • Mellora a intelixentica intrapersonal, liderazgo.

  • Mellora a intelixencia emocional, enfrentarse a frustración.

Robotica

Robótica con Lego Mindstorms
 

Robótica máis avanzada, montaxes mecánicas máis complexos pero usando pezas de Lego, clases máis centradas na programación, inicialmente traballaremos con LabView e Scratch para despois traballar con outras linguaxes e sistemas operativos para os máis avanzados.

 

Desde o nove anos ata adultos organizamos as clases e grupos segundo idade e nivel, cada 2-3 alumnas/os traballarán cun kit de Lego Mindstorm e un computador.

Mindstorm

• Novas tecnoloxías para a aula:

 

O obxecto de esta actividade é que os alumnos/as aprendan a integrar as tics coas actividades que teñen que realizar no seu día a día, coñecer lugares de onde obter información e ser criticos con ela, como gardar a información de forma segura, compartir arquivos e traballar de forma colaborativa usando ferramentas na nube, opcións distintas para presentar o seu traballo, mediante presentacións, animacións ou outras ferramentas.

TecnoAula

• Xadrez. 

A través desta actividade os alumnos aprenderán todo o relativo a este deporte: Introdución o xogo, elementos, regras, normas e etapas do xogo, técnicas e estratexias, a importancia da oitaba fila, mate con torre e rei, etc 

Xadrez

• Multideporte. 

Multideporte significa moitos deportes, e ahí se atopa a esencia desta actividade. Grazas a práctica de múltiples e variados xogos e actividades lúdicas predeportivas o/a participante adquire unha ampla base de esquemas motrices que lle servirán de iniciación para, nun  futuro, comezar a aprendizaxe de calquera tipo de deporte, de pelota e balón como o fútbol ou o baloncesto, de cancha dividida como o tenis ou o voleibol, individual como o atletismo, etc. 

Multideporte

• Teatro

A actividade pretende empregar o teatro escolar coma unha estratexia pedagóxica, lúdica, motivadora, transversal e multidisciplinar, na cal o alumnado participa nun grupo común que lles pertence e que fomenta hábitos de conduta que poténcian a socialización, a tolerancia e a cooperación. Potenciase así a creatividade, a responsabilidade, a vivencia dramática e persoal, o traballo en equipo, e o autocoñecemento e a autoestima.

Teatro

Inglés.

Traballaremos en paralelo o inglés cos propios contidos da etapa de educación primaria dunha maneira lúdica e estimulante: xogos, memories, flashcards ou actividades para pintar. 

Ingles
bottom of page