Centro de formación
Rúa Ulla, 4
36680 A Estrada (PO)
Rúa Doctor Dario Durán Gómez, 16
Vigo (PO)
Tel1: 886-153-609
Mo: 622-874-434
Mo: 699-130-534
• Taller de artes manuais.
Taller específico de creación de figuras en goma eva: fofuchas, centros de mesa, etc
• Taller de Memoria.
A través deste taller trátase de estimular e manter as capacidades mentais dos maiores, obter un mellor rendemento cognitivo, psicomotriz e unha maior autonomía persoal así como fomentar a súa autoestima e potenciar as súas capacidades.

• Informática básica e mecanografía.
Nesta etapa a maioría da xente que se achega á informática xa ten unha idea máis ou menos teórica do que se pode e non se pode facer pero carece fundamentalmente da forma de facelo ou a soltura. O que pretendemos nestes casos, despois dun coñecemento de grupo, é
indicarlle como se fai esa actividade de diferentes modos e abrir camiño para que o/a alumno/a sexa capaz de avanzar el/ela só/soa cara coñecementos máis avanzados según as súas inquedanzas.
• Introdución a Linux.
Unha viaxe ao mundo do software libre axeitado a todas as idades onde se aprenderá a instalar distintos programas, e facer as tarefas básicas como usar un editor de textos ou de imaxes ou navegar pola rede entre outras actividades.




• Taller de programación
Esta actividade é unha das máis volubles da nosa oferta onde os seus contidos veranse suxeitos ao número de sesións previstas, o coñecemento inicial das persoas a recibir dita formación e a temática a impartir. Así, este taller pode ir desde unha introdución á programación para adquirir os coñecementos básicos da materia e os pasos a seguir antes de realizar unha aplicación, o emprego e especialización dunha tecnoloxía ou linguaxe de programación (HTML, PHP, SQL, ANDROID, JOOMLA...) ou a un monográfico temático por exemplo de "programación web" onde pode confluír con outras actividades como fotografía ou deseño gráfico e mesmo o uso de distintos sistemas operativos.

• Internet como recurso.
Curso breve orientado a coñecer que é o que podemos atopar na internet, blogs, redes sociais para que serven, que precaucións debemos ter en conta, como actuar na rede, perigos e beneficios.


• Ofimática:
Manexo dos paquetes ofimáticos a un nivel medio dende o tradicional software de escritorio ó uso de aplicacións na nube.
• Da idea ao blog.
Con este taller faremos que a partires dunha idea ou afección que teña o alumno, chegue a crear un blog onde poida intercambiar información con outra xente ou grupo.
• Teatro
A actividade pretende empregar o teatro escolar coma unha estratexia pedagóxica, lúdica, motivadora, transversal e multidisciplinar, na cal o alumnado participa nun grupo común que lles pertence e que fomenta hábitos de conducta que potencian a socialización, a tolerancia e a cooperación. Potenciase así a creatividade, a responsabilidade, a vivencia dramática e persoal, o traballo en equipo, e o autocoñecemento e a autoestima, posibilidade de formar a formadores teatrais.
• Fotografía.
Curso básico onde o alumnado coñecerá os aspectos básicos da fotografía, obturador, diafragma, profundidade de campo entre outros conceptos, este curso podese ampliar con ferramentas de retoque fotográfico.
• Retoque fotográfico.
Introducción ó retoque fotográfico con Gimp onde os alumnos/as aprenderán a editar fotos de modo semiprofesional coñecendo a interfaz e funcionamento do programa xunto coa creación de efectos.


