CAMPAMENTO DE NADAL 2017
 

Descarga aquí a ficha de inscrición para os campamentos de nadal de 2017 en A Estrada.

 

 

 

 

 

AA40ESTUDO organiza unha serie de campamentos para menores de 5 a 13 anos de idade, que se celebrarán na última semana de decembro e na primeira semana de xaneiro, en horario de mañá de 10 a 14 horas. Con posibilidade de deixar ou recoller os menores entre as 7.30 e as 14.30h na rúa Ulla nº4 da Estrada.

Qué faremos no campamento?

 

Ofrecemos dúas semanas entre os meses de decembro e xaneiro para que os vosos fill@s se divirtan e aprendan na noso centro de A Estrada, realizando talleres de programación, electrónica, robótica, así como outras actividades educativas relacionadas coa temática de cada semana. En inglés, adaptando os obradoiros ó nivel dos asistentes, podendo asistir sen coñecementos previos.

 

Cal é o custo do campamento?

 

O prezo por semana de campamento é de 60€ para a primeira semana e 105€ para as dúas semanas.

 

Existen unha serie de descontos reflexados na seguinte táboa:

 

Como podo inscribirme?
 

Para realizar a inscrición no campamento é necesario cubrir a ficha de inscrición indicando o número de menores participantes  e realizar o pago da cota correspondente (especificando nome e apelidos do/a menor e datas nas que quere asistir) no seguinte número de conta:

 

(BBVA) ES18 0182 0787 4602 0158 8857

 

Unha vez efectuado o pago deberá enviarnos ao seguinte correo electrónico aa40estudo@gmail.com o xustificante bancario do abono.

 

Unha vez verificada a inscrición do menor porémonos en contacto para confirmar a súa obtención da praza. O número de prazas para esta convocatoria é limitado. As prazas asignaranse por orde rigorosa de confirmación de inscricións.

Que pasa se non consigo praza e xa paguei o campamento?

 

Aquelas persoas que quedasen fóra da convocatoria e teñan realizado o pago debidamente xustificado devolveráselles integramente o diñeiro abonado.

 

Non se devolverá diñeiro algún no caso de que non exista xustificante bancario de realizar o pago da actividade.

Obtivemos praza no campamento pero agora non imos poder asistir. Devolvedes o importe abonado?

 

No caso de obter praza e por motivos alleos á empresa o/a menor non asiste ao campamento non terá dereito á devolución total ou parcial da cota de inscrición.

 

Para máis información ou comunicación acerca do campamento podedes contactar connosco dos seguintes modos:

José Antonio Taibo 622 874 434

Ana María Landeira 699 130 534 (Tamén por whatsapp e telegram)

Correo electrónico: aa40estudo@gmail.com