top of page

CAMPAMENTO nadal 2022 A ESTRADA

cartel navidad a estrada.png

Abrimos o prazo de inscrición para os campamentos tecnolóxicos na Estrada, como ven sendo de costume será a última semana de decembro en este caso do 26 o 30 en horario de 9 a 14 horas.

Como xa sabedes o cronograma definitivo da actividade non o realizamos ata uns días antes ou que o grupo estea pechado para adaptar as actividades ao nivel dos asistentes onde os menores que teñan menos nivel lles resulte alcanzable e que siga sendo un reto para aqueles menores que contan con máis experiencia.

A estrutura será similar aos anteriores, haberá unha parte de programación de videoxogos con Scratch ou Gdevelop, unha parte de robótica con Lego Wedo e Lego Mindstorms, unha parte para traballar con Minecraft, traballar deseño 3D e outros complementos que poden ir pasar por experimentos, manualidades electrónicas, uso de teléfonos móbiles ou programación con Unity, todo dependerá dos coñecementos previos do grupo.

Tedes máis información na ficha de inscrición, https://forms.gle/fQ8N5kS7k3Y6k9rh7 para calquera dúbida podedes contactar connosco vía telefónica no 622 874 434 (José Antonio profesor da actividade), 699 130 534 (Ana, coordinadora do campamento) ou no correo electrónico aa40estudo@gmail.com

  • Os asistentes a extraescolares feitas o longo de estes tres últimos cursos (con unha permanencia de ó menos un curso) en anpas ou colexios terán as mesmas regras que os alumnos que asistiron a academia. (Actividades extraescolares feitas pola empresa)

  • Aquelas persoas que non aboaron matricula e asistiron menos de dous meses serán considerados como novos alumnos a hora de facturación. (Coa excepción de que tiveran asistido a un campamento realizado pola empresa nun espazo inferior a un ano)

  • Aquelas persoas que asistiron menos de tres meses e/ou non iniciaron ningunha actividade no curso vixente NON terán dereito a desconto por alumnos.

  • Todas aquelas persoas que non tiveron relación dende o curso 2020/2021 serán consideradas como novos alumnos. Tamén terán a mesma consideración de novos alumnos aqueles que tiveron unha realación efímera en ese tempo, exemplo: viñeron a clases de reforzo a unha materia no curso 2020/2021 no último trimestre.

  • Aquelas unidades familiares con dous menores onde so un é alumno, so terá desconto por alumno o menor que ven a clases e non é transferible, se os dous fosen alumnos terán un desconto de 20 euros cada un máis o desconto por irmáns facendo un desconto total de 60 euros.

bottom of page