top of page

CAMPAMENTO nadal 2022 vigo

cartel navidad vigo 3.png

Abrimos o prazo de inscrición para os campamentos tecnolóxicos en Vigo, este ano ofrecemos dúas semanas do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 6 de xaneiro en horario de 9 a 14 horas.

O cronograma definitivo da actividade non o realizamos ata uns días antes ou que o grupo estea pechado para adaptar as actividades ao nivel dos asistentes onde os menores que teñan menos nivel lles resulte alcanzable e que siga sendo un reto para aqueles menores que contan con máis experiencia.

A estrutura será similar aos anteriores, haberá unha parte de programación de videoxogos con Scratch ou Gdevelop, unha parte de robótica con Lego Wedo e Lego Mindstorms, unha parte para traballar con Minecraft, traballar deseño 3D e outros complementos que poden ir pasar por experimentos, manualidades electrónicas, uso de teléfonos móbiles ou programación con Unity, todo dependerá dos coñecementos previos do grupo.

Tedes máis información na ficha de inscrición, https://forms.gle/WqefnPYXhKNoiqw38 para calquera dúbida podedes contactar connosco vía telefónica no 622 874 434 (José Antonio profesor da actividade), 699 130 534 (Ana, coordinadora do campamento) ou no correo electrónico aa40estudo@gmail.com

Aquí tedes unha taboa orientativa sobre os prezos finais unha vez aplicados os descontos.

PREZOS CAMPAMENTO VIGO.png
  • Os prezos da taboa son orientativos. A estes habería que descontar no caso de traer amigos 10 euros por cada un. Este desconto é efectivo por unha única vez co mesmo compañeiro. O máximo de amigos esta suxeito ó aforo existente no momento da inscrición pero en ningún caso se pagará a un alumno por asistir o campamento. Para poder acceder a este desconto extra ó menos un dos dous menores nunca asistiu a un campamento coa empresa.

  • Os asistentes a extraescolares feitas o longo de estes tres últimos cursos en anpas ou colexios terán as mesmas regras que os alumnos que asistiron a academia. (Actividades extraescolares feitas pola empresa)

  • Aquelas unidades familiares con tres menores, no caso de escoller as dúas semanas o terceiro virá gratis. (Aplicarase a tarifa de 2 irmáns correspondente, para entrar en este desconto teñen que ser unidades de convivencia, non é aceptado dentro de este desconto primos, amigos... para eses casos existe o "bono amigo"

bottom of page