CAMPAMENTO DE VERÁN 2019
 

Descarga aquí a ficha de inscrición para os campamentos de verán de 2019 en Lalín.

 

 

 

 

 

AA40ESTUDO coa colaboración da anpa Agro de Abaixo do colexio Xesús Golmar de Lalín, organiza unha serie de campamentos para menores de 6 a 14 anos de idade, que se celebrarán durante os meses de xullo e agosto, en horario de mañá de 9 a 13.30 horas. 

 

As actividades propias do campamento comezarán as 10, esa hora queda hábil para aquelas persoas que teñan que deixar as súas crianzas antes.

 

As actividades rematarán as 13.30 pero poderase facer a recollida dos menores ata as 14h.

 

Non é requisito para inscribirse no campamento ser socio da anpa Agro de Abaixo ou ser alumn* do colexio Xesús Golmar, incluso non fai falta estar enpadroado en Lalín.

 

Impartirase na casa da xuventude de Lalín, na rúa Penatoares, 2.

Qué faremos no campamento?

 

Ofrecemos nove semanas entre os meses de xullo e agosto para que os vosos fill@s se divirtan e aprendan, realizando talleres de programación, electrónica, robótica, así como outras actividades educativas relacionadas coa temática de cada semana. Adaptando os obradoiros ó nivel dos asistentes, podendo asistir sen coñecementos previos.

 

Como ven sendo de costume faranse grupos por idades e nivel, onde segundo as características de cada menor profundizaremos máis nuns ou en outros contidos.

 

Veremos unha introdución ós conceptos básicos de programación con Scratch desenvolvendo un minixogo e mediante a plataforma code por medio de retos inspirados en Minecraft.

 

Construiremos robots e distintos mecanismos que serán controlados dende Scratch e os máis avanzados que traballen con Mindstorms EV3 avanzaremos a programar con JavaScript entre outras linguaxes e desenvolveremos aplicacións mobiles para Android onde os menores
poidan controlar o robot dende un teléfono móbil con este sistema operativo.


No apartado de Minecraft profundizaremos máis na creación de mods e plugins con MCreator, comezaremos a manipular código Java e tamén nos introducirémos na programación en Phyton manexando editores profesionais como o Visual Studio de Microsoft.


Traballarase modelado en 3D con varios programas entre eles MCSkin3D e ThinkerCad, no campo da realidade aumentada traballarémola a nivel lúdico cos máis pequenos e cos maiores introducirémonos nos conceptos básicos de deseño, marcador e crearemos exemplos básicos de realidade aumentada con Unity ou software similar.

Cal é o custo do campamento?

 

O prezo por semana de campamento é de 75€ para unha semana de 5 días e 60€ para unha semana de 4 días. 

 

Haberá un desconto do 10% para sengundo irmán ou semana consecutiva.

Aqueles menores que non sexan socios da anpa Agro de Abaixo do colexio Xesús Golmar terán un recargo de 5 euros.

 

 

 

Como podo inscribirme?
 

Para realizar a inscrición no campamento é necesario cubrir a ficha de inscrición indicando o número de menores participantes  e realizar o pago da cota correspondente (especificando nome e apelidos do/a menor e datas nas que quere asistir) no seguinte número de conta:

 

(BBVA)  ES47 0182 0787 4702 0161 0402

 

Unha vez efectuado o pago deberá enviarnos ao seguinte correo electrónico aa40estudo@gmail.com o xustificante bancario do abono.

 

Unha vez verificada a inscrición do menor porémonos en contacto para confirmar a obtención da praza. O número de prazas para esta convocatoria é limitado. As prazas asignaranse por orde rigorosa de confirmación de inscricións.

 

A data limite para inscribirse e asegurar praza é o 30 de xuño, a partir desa data só se aceptarán inscricións sempre que a actividade chegase ó mínimo de inscritos e existan prazas vacantes.

Que pasa se non consigo praza e xa paguei o campamento?

 

Aquelas persoas que quedasen fóra da convocatoria e teñan realizado o pago debidamente xustificado devolveráselles integramente o diñeiro abonado.

 

Aquelas persoas que teñan abonado unha ou máis semanas pero a actividade non se chega a levar a cabo durante ese tempo por baixa participación seraselles devolta a parte proporcional a ese tempo sen que afecte ós descontos que lle poideran corresponder.

 

Non se devolverá diñeiro algún no caso de que non exista xustificante bancario de realizar o pago da actividade.

Obtivemos praza no campamento pero agora non imos poder asistir. Devolvedes o importe abonado?

 

No caso de obter praza e por motivos alleos á empresa o/a menor non asiste ao campamento non terá dereito á devolución total ou parcial da cota de inscrición.

 

Para máis información ou comunicación durante o campamento podedes contactar connosco dos seguintes modos:

José Antonio Taibo 622 874 434

Ana María Landeira 699 130 534 (Tamén por whatsapp e telegram)

Correo electrónico: aa40estudo@gmail.com