
CAMPAMENTO DE NADAL 2017
Descarga aquí a ficha de inscrición para os campamentos de nadal de 2017 en Vilagarcía de Arousa.
AA40ESTUDO organiza unha serie de campamentos para menores de 5 a 13 anos de idade, que se celebrarán na última semana de decembro e a primeira de xaneiro, en horario de mañá de 10 a 14 horas. Con posibilidade de deixar ou recoller os menores entre as 9.30 e as 14.30h.
Impartirase nas dependencias da Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa sita na Avenida do Doctor Tourón, 46.
Qué faremos no campamento?
Ofrecemos 2 semanas entre os meses de decembro e xaneiro para que os vosos fill@s se divirtan e aprendan, realizando talleres de programación, electrónica, robótica, así como outras actividades educativas relacionadas coa temática de cada semana. Adaptando os obradoiros ó nivel dos asistentes, podendo asistir sen coñecementos previos.
Cal é o custo do campamento?
O prezo por semana de campamento é de 80€ para unha semana e 140€ polas dúas semanas.
Existen unha serie de descontos que podedes ver nesta táboa:

Como podo inscribirme?
Para realizar a inscrición no campamento é necesario cubrir a ficha de inscrición indicando o número de menores participantes e realizar o pago da cota correspondente (especificando nome e apelidos do/a menor e datas nas que quere asistir) no seguinte número de conta:
(BBVA) ES18 0182 0787 4602 0158 8857
Unha vez efectuado o pago deberá enviarnos ao seguinte correo electrónico o xustificante bancario do abono.
Unha vez verificada a inscrición do menor porémonos en contacto para confirmar a obtención da praza. O número de prazas para esta convocatoria é limitado. As prazas asignaranse por orde rigorosa de confirmación de inscricións.
A data limite para inscribirse e asegurar praza é o 20 de decembro para poder asistir na primeira semana, para poder asistir a segunda semana a data limite será do 27 de decembro, a partir desa data só se aceptarán inscricións sempre que a actividade chegase ó mínimo de inscritos e existan prazas vacantes.
Que pasa se non consigo praza e xa paguei o campamento?
Aquelas persoas que quedasen fóra da convocatoria e teñan realizado o pago debidamente xustificado devolveráselles integramente o diñeiro abonado.
Aquelas persoas que teñan abonado unha ou máis semanas pero a actividade non se chega a levar a cabo durante ese tempo por baixa participación seraselles devolta a parte proporcional a ese tempo sen que afecte ós descontos que lle poideran corresponder.
Non se devolverá diñeiro algún no caso de que non exista xustificante bancario de realizar o pago da actividade.
Obtivemos praza no campamento pero agora non imos poder asistir. Devolvedes o importe abonado?
No caso de obter praza e por motivos alleos á empresa o/a menor non asiste ao campamento non terá dereito á devolución total ou parcial da cota de inscrición.
Para máis información ou comunicación durante o campamento podedes contactar connosco dos seguintes modos:
José Antonio Taibo 622 874 434
Ana María Landeira 699 130 534 (Tamén por whatsapp e telegram)
Correo electrónico: