CAMPAMENTO VERÁN 2022 A ESTRADA

CARTEL.png

Abrimos o prazo de inscrición para os campamentos tecnolóxicos na Estrada, este ano ofrecemos dúas semanas do 4 ao 9 de xullo e do 11 ao 15 de xullo en horario de 9 a 14 horas.

Como xa sabedes o cronograma definitivo da actividade non o realizamos ata uns días antes ou que o grupo estea pechado para adaptar as actividades ao nivel dos asistentes onde os menores que teñan menos nivel lles resulte alcanzable e que siga sendo un reto para aqueles menores que contan con máis experiencia.

A estrutura será similar aos anteriores, haberá unha parte de programación de videoxogos con Scratch ou Gdevelop, unha parte de robótica con Lego Wedo e Lego Mindstorms, unha parte para traballar con Minecraft, traballar deseño 3D e outros complementos que poden ir pasar por experimentos, manualidades electrónicas, uso de teléfonos móbiles ou programación con Unity, todo dependerá dos coñecementos previos do grupo.

Tedes máis información na ficha de inscrición, https://forms.gle/b6JBA5bGukgiLRjd8 para calquera dúbida podedes contactar connosco vía telefónica no 622 874 434 (José Antonio profesor da actividade), 699 130 534 (Ana, coordinadora do campamento) ou no correo electrónico aa40estudo@gmail.com

Aquí tedes unha taboa orientativa sobre os prezos finais unha vez aplicados os descontos.

PREZOS.png
  • Os prezos da taboa son orientativos.

  • Os asistentes a extraescolares feitas o longo de estes tres últimos cursos en anpas ou colexios terán as mesmas regras que os alumnos que asistiron a academia. (Actividades extraescolares feitas pola empresa)

  • Aquelas persoas que non aboaron matricula e asistiron menos de dous meses serán considerados como novos alumnos a hora de facturación. (Coa excepción de que tiveran asistido a un campamento realizado pola empresa nun espazo inferior a un ano)

  • Aquelas persoas que asistiron menos de cinco meses e/ou causaron baixa antes do mes de abril serán consideradas como antigos alumnos.

  • Todas aquelas persoas que non tiveron relación dende o curso 2019/2020 serán consideradas como novos alumnos. Tamén terán a mesma consideración de novos alumnos aqueles que tiveron unha realación efímera en ese tempo, exemplo: viñeron a clases de reforzo a unha materia no curso 2019/2020.

  • Aquelas unidades familiares con tres menores, no caso de escoller as dúas semanas o terceiro virá gratis.

  • Aquelas unidades familiares con dous menores onde so un é alumno, serán considerados como antigos alumnos salvo que o alumno asista a máis de 5 actividades.

  • Aquelas unidades familiares con dous menores onde un deles é exalumno e outro é alumno novo, serán considerados os dous como novos alumnos a non ser que a relación con ese alumno antigo sexa bastante recente e viñese a un volume importante de actividades, na que se estudaría o caso de considerar os dous como antigos alumnos.