top of page

GUÍA DE COMPRAS PARA PAIS 2025

ree

Un ano máis sacamos unha guía de compra de produtos relacionados coa robótica e a programación para regalar aos vosos fillos e que lles sirva para aprender e facer medrar as súas habilidades.

Aclarar en primeiro lugar que isto é un pouco unha lista persoal orientativa, nós non temos ningún tipo de relación coa venda destes produtos nin temos ningún tipo de patrocinio.

1. Define a idade e o obxectivo:

  • 5–7 anos: (Ou incluso menos) Eu iría preferentemente por produtos de programación sen pantalla e aventuras de bloques simples, uso de tarxetas, materiais de madeira...

  • 8–10 anos: Usaría kits con programación por bloques que vaian integrando sensores, tipo WeDo, niveis iniciais de VEX IQ, ou kits de Arduino / micro:bit como mboot por exemplo (pero programados con Scratch ou MakeCode).

  • 10–12 anos: Segundo a idade e a experiencia, iría saltando de bloques a linguaxes de programación máis formais; por exemplo, Python. Dentro de Lego usaría un hub robusto, tipo Spike ou Robot Inventor, usaría a gama media de VEX, ou os mesmos tipos de robots con Arduino ou micro:bit pero xa programados con texto. Tamén cabería a opción de ir a kits de proyectos guiados, máis lonxanos de crear un robot.

  • 12–14 anos: Se xa ten experiencia, eu iríame xa a programar sempre en texto, probar proyectos maker e posibles módulos de Arduino; UBTech (os máis baixos de gama), Osoyoo, KeyStudio... Os kits máis avanzados de Lego e VEX seguen a ser unha alternativa, especialmente na área de programación.

  • 14–16 anos: Contando con experiencia previa, xa me metería en proyectos de investigación, visión e hardware aberto; micro:bit + ring, Raspberry Pi + Cámara, Arduino UNO/Mega.

2. Adaptarse ao noso orzamento

Ten en conta que non por ser máis caro é necesariamente mellor, nin se adapta ás necesidades de idade e coñecemento do menor.

  • Baixo: Kits de Arduino ou micro:bit.

  • Medio: Tipo Lego WeDo 2.0, Make Block, Osoyoo.

  • Alto: Lego Spike, VEX IQ, Lego Mindstorms Inventor.

Isto é orientativo e a partir de aquí podes atopar un kit que realmente pague a pena. Así podes ter kits por pouco máis de 50 euros en Arduino e na mesma plataforma, kits que multipliquen por dez ese valor. Ou, por exemplo, kits de valor medio que por oferta, están descatalogados ou os mercas de imitación, poden saír por un prezo realmente baixo, por debaixo dos 50 euros.

3. Fíxate na compatibilidade, recursos, currículo e materiais.

  • Compatibilidade: Prioriza kits que usen sistemas como LEGO, micro:bit ou Arduino se xa traballas con eles. As pezas adoitan ser reutilizables entre si; no caso de micro:bit pode ser que non teñas que mercar outra placa... co consecuente aforro de diñeiro e/ou amplitude de proxectos.

Ten en conta que non todos os kits de Lego son compatibles entre si. Existen distintas liñas entre elas (WeDo, WeDo 2.0, Mindstorms, Spike, Boost, Power Up...) e para rizar máis o rizo están as versións chinas ou doutros fabricantes que poden ser compatibles cunha ou máis versións de Lego ou usar o seu sistema propio. É un tema longo de tratar que xa se escapa desta guía de compra, pero é bo ter en conta á hora de mercar un robot compatible ou que mercamos uns motores extra e logo vemos que non temos onde conectalos.

Tamén é importante o tipo de alimentación que usa, se son baterías, pilas e que tipo, pois non todas son doadas de conseguir aquí e podería ser que precises un cargador específico para ese tipo de pila. Ás veces, especialmente en Arduino e micro:bit, hai o mesmo modelo con varios tipos de pilas dispoñibles.

  • Recursos e currículo: Asegúrate de que o robot teña recursos formativos para polo menos arrancar a traballar con el, ou sexa compatible cunha plataforma que si os ofreza, o idioma e o formato dos mesmos.

Isto é especialmente importante se para programalos hai que usar unha plataforma específica, porque pode ser que o kit ou robot sexa totalmente igual pero despois á hora de traballar coa plataforma non o sexa e requira traballar con outra plataforma totalmente distinta. A continuación unha lista de productos por idades:

4–6 años (Introducción a la robótica y programación básica)  LEGO Duplo Steam Park

ree

Parque STEAM baséase na curiosidade natural de todos os nenos e nenas e no seu desexo de crear, explorar e investigar de forma temperá sobre o mundo da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería, a arte e as matemáticas (STEAM) a través do xogo creativo.


As posibilidades son infinitas cando todos colaboran para construír un parque STEAM cheo de dinámicas atraccións en movemento e divertidos xogos e escenas construídos coa selección especial de ladrillos LEGO® DUPLO®.

Con cada viaxe ao parque STEAM, os nenos e nenas desenvolven os seus coñecementos sobre os engrenaxes, o movemento, a medida e a resolución de problemas dunha forma amable e divertida.

Tamén existe unha versión china similar por un prezo inferior (non é un produto que imite, senón que é parecido).


  • Idade: 2–5 anos (ideal para 4–6).

  • Prós: Bloques grandes, enfoque en engrenaxes e movemento. Compatible con LEGO Duplo, non usas pantallas.

  • Contras: Limitado a conceptos moi básicos; non inclúe programación dixital.

  • Prezo: 35€–270€ segundo a versión.

  • Onde mercar:

Fisher-Price Code-a-Pillar

ree

Code-a-pillar é o nome do último xoguete de Fisher-Price, que a pesar do tipo de produto que é, ten moito que ver co mundo da educación. O seu obxectivo é abrir o mundo da programación a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos.

Sen ordenadores nin pantallas, Code-a-pillar consiste en utilizar certos bloques para formar o corpo dunha eiruga, cada un deles encargado de diferentes movementos ou cores. Só teremos que conectalos, na orde que queiramos, para 'executar' o noso programa.

  • Idade: 3–6 anos.

  • Prezo: Uns 100 €.

  • Onde mercar: Amazon

  • Prós: Programación básica mediante segmentos físicos.

  • Contras: Funcionalidades moi simples, os extras (cada peza) van uns 40 euros ou máis.

Cubetto

ree

Cubetto é un robot feito de madeira que ensinará aos máis pequenos as bases da programación mediante o xogo sensorial. (Con fichas e sen pantallas dixitais). Inspirado no método Montessori e na tartaruga LOGO, resulta MOI INTUITIVO e está deseñado especificamente para aqueles que aínda non saben ler nin escribir.

  • Idade: 3 a 9 anos.

  • Prezo: Máis de 200 euros.

  • Prós: Non usa pantallas, non usa plástico, circuítos (á parte) que poden ser aproveitados por outros robots.

  • Contras: Funcións básicas.

  • Onde mercar:


Tale Robot

ree

Tale-Bot Pro é un robot de programación interactivo de nivel básico para nenos e nenas de 3 a 5 anos que lles permite iniciarse na programación e no pensamento lóxico sen pantallas. Conta con excelentes cualificacións de pais e mestres | Apreciado en máis de 200.000 escolas. Con sinxelos botóns táctiles de programación, os nenos e nenas poden darlle ordes a Tale-Bot Pro para que se mova, debuxe, cante e conte historias, convertendo conceptos abstractos de programación nunha aprendizaxe lúdica e práctica. Ideal para gardarías, aulas e aprendizaxe na casa.

O robot inclúe completos paquetes de expansión, alfombras de actividades e tarxetas para contar historias, o que permite aos nenos e nenas aprender a programar través de xogos, cancións e aventuras imaxinativas. Ao combinar a educación STEM coa creatividade e a narración, Tale-Bot Pro fai que a programación sexa divertida, atractiva e apropiada para o desenvolvemento de estudantes de preescolar e primaria.

  • Idade: 3-5 anos.

  • Prezo: 90 – 120 euros.

  • Prós: Non usa pantallas, inclúe alfombras de actividades, fomenta a creatividade e a narración, valoracións moi positivas.

  • Contras: Funcionalidades básicas, rango de prezo elevado para as súas características.

  • Onde mercar:

A partir de 7 años (Primeros pasos en programación y sensores)

LEGO Education WeDo 2.0

ree

WeDo 2.0 fai posible que os estudantes de primaria poidan programar. Cos ladrillos LEGO®, un software fácil de usar e proxectos STEM atractivos, os mestres teñen todo o que precisan para ensinarlles aos seus alumnos coñecementos básicos de programación.

Fai tempo que se atopa descatalogado, polo que hai que recorrer ao mercado de segunda man ou a imitacións; por outra banda, tampouco descartaría kits similares cada vez máis numerosos.

O kit orixinal partía de entre 200 e 250 euros, hoxe en día pódese atopar a imitación a partir de 30 euros en tendas chinas. Hai que ter en conta que dentro disto hai dúas calidades (normalmente as máis baratas adoitan ser as peores, o que non significa que por mercar unha versión cun prezo alto ese sexa “o bo”). Para uso caseiro dun ou dous kits realmente non se nota case nada, máis que tarda uns segundos máis en conectar e pouco máis.

Co tempo que leva este produto descatalogado, é bo tamén explorar outras opcións baseadas no kit de Lego WeDo 2.0 onde evolucionaron engadindo máis pezas, sensores, proxectos, manuais... Hai empresas que a raíz deste produto foron desenvolvendo o seu propio ecosistema de kits, chegando a deixar de imitar a WeDo 2.0 e pasando a vender o seu propio sistema, ben con plataformas libres como Arduino ou micro:bit, ben con hubs propios. Realmente é un produto que segue evolucionando, pero fóra de Lego. (Tamén se poden atopar kits de Lego WeDo 1.0 a partir de 15 euros).

  • Idade: 7–10 anos.

  • Prezo: 30 a 180 euros.

  • Onde mercar: Tendas chinas como AliExpress.

  • Prós: Compatible con LEGO, inclúe sensores e programación por bloques (Scratch). Ideal para proxectos STEM.

  • Contras: Require tablet/PC para programación.

  • Cando merquedes unha alternativa, comprobade que teña aplicación, se é compatible ou non con Scratch, se pode ser usada en PC ou necesita tablet. Hai hubs que non son compatibles con Lego WeDo pero poden selo con outros xa existentes en Lego máis modernos.

micro:bit

ree

Micro:bit é unha pequena placa programable de circuíto impreso que serve como unha ferramenta educativa para ensinar programación e electrónica. Está equipada con varios compoñentes como unha matriz de 25 LEDs, dous botóns, sensores de movemento e luz, un micrófono e altofalante, e conectividade Bluetooth. Permite aos usuarios crear proxectos, desde xogos sinxelos e animacións ata complexos sistemas de robótica.

  • Idade: 8–12 anos.

  • Prezo: 25–40 USD (placa + compoñentes básicos).

  • Onde mercar: AliExpress, ELECFREAKS.com, Amazon...

  • Prós: Programable en MakeCode, Scratch ou Python. Compatible con LEGO. Ampliable con sensores.

  • Contras: Require ensamblaxe manual.

Aínda que soio a praca xa funciona por si mesma deixovos unha serie de ligazóns a robots que empregan micro:bit e son compatibles con Lego, a ligazóns son de bricogeek pero posiblemente as atoparedes tamén en amazon e outros sitios. Inventor Kit Nezha para micro:bit

ree

Kit Space Science para Micro:bit (con Nezha PRO) Ring:bit para Micro:bit compatible con LEGO Existen moitas alternativas pero creo que estas son unhas das máis destacadas a día de hoxe para o mercado doméstico con unha boa calidade precio. Sigo mantendo que dentro de lego os mindstorms EV-3 siguen sendo o mellor que sacou lego pero aínda non existe unha alternativa que os sustitúa, o lego Spike e modelos para abaixo rematan agora o seu ciclo de vida comercial e xa saíron as novas alternativas pero non remato de velos nun fogar.

 
 
 

Comments


Comunícate connosco

¡Os teus datos foron enviados con éxito!

  • b-facebook
bottom of page