Rúa Doctor Dario Durán Gómez, 16, entreplanta
Vigo (Pontevedra)
Mo: 622-874-434
Mo: 699-130-534
Centro de formación
Educación primaria

• Taller de ciencias.
Neste taller trátanse un conxunto de actividades que pretenden ensinar, desde un enfoque lúdico, conceptos e procedementos matemáticos básicos tratados na escola, intentando cambiar a súa actitude hacia éstas. Para descubrir os segredos da ciencia traballaremos conceptos a través de divertidos experimentos de física, reaccións químicas, xogos cos sentidos, taller de experimentos, etc.

• Taller de xeografía e o medio.
Un dos temas centrais da xeografía é a relación home-natureza. Mediante este taller o alumnado comprenderá a representación gráfica da superficie terrestre, a distribución espacial de fenómenos significativos na paisaxe, cómo funciona a natureza e a coidará cos talleres de reciclaxe, experimentos e as dinámicas de role playing que se contemplan para esta actividade.

• Taller de linguas.
Este taller xira en torno ao desenvolvemento de destrezas que lle permitan ao alumnado analizar a información extraendo as ideas principais, pensar de maneira solidaria, respetuosa e crítica, e expresarse de forma creativa tanto oralmente como por escrito respectando as normas fundamentais que facilitan a comunicación.


• Taller de artes manuais.
Taller específico de creación de figuras con diferentes materiais: goma eva, fimo, fieltro, cartulina, etc

• Clases de Apoio e Técnicas de Estudo.
A finalidade destas clases é facilitar ás/os alumnas/os hábitos e técnicas de estudo que faciliten a aprendizaxe dos contidos así como a recompensa intrínseca do propio esforzo. As estratexias de motivación basearanse na estimulación da atención (activar, manter, estimular e motivar), na presentación dos contidos de forma atractiva, como por exemplo empregando as novas tecnoloxías ou atendendo á aplicación dos contidos en situacións reais e/ou simulados no contexto social.


• Debuxo e pintura.
Un espazo de xogo e recreación a través da exploración de diferentes materiais. Realizanse experimentos creativos co debuxo e a pintura como medios que alentan a expresión e a comunicación nos menores. Ao mesmo tempo, se traballan técnicas artísticas non convencionais como o ensamble de obxectos reciclados, o grabado e/ou o collage. Foméntase nos menores o interese polas manifestacións plásticas de distintas culturas e coñecerán diferentes obras.








• Informática.
Profundizamos en conceptos informáticos, procesadores de texto, editores de imaxe, envío e recepción de correo electrónico e traballo con ferramentas na nube pero o mesmo tempo desenvolvemos actividades para que o alumnado vexa a practicidade dos conceptos aprendidos.

• Scratch
Scratch é unha linguaxe de programación desenvolvida polo MIT para que os menores se acheguen dunha forma sinxela e lúdica ao mundo da programación.
Mentres realizan as súas propias historias ou videoxogos desenvolvendo a súa creatividade aprenden estruturas básicas de programación como bucles, condicionais, chamadas a funcións, obxectos...
A partir do sete anos introduciranse sen darse conta no mundo da programación, destreza que será tan básica como o é saber inglés hoxe día.

• Robótica
A robótica é unha materia interdisciplinar na cal se traballa directamente a programación, a mecánica ou o electrónica pero tamén se traballan outras áreas como as matemáticas, a física, a linguaxe, o coñecemento do medio entre outras disciplinas.
En cada proxecto trabállanse distintas áreas do sistema regulado.
Como beneficios podemos índicar:
-
Introduce as nenas e nenos os conceptos básicos de electrónica e mecánica.
-
Achega ós menores ó mundo da programación.
-
Pasan de ser usuarios da tecnoloxía a comprender como funciona e incluso a ter capacidades de reproducir as súas propias ideas.
-
Mellora a psicomotricidade fina dos menores, así como a intelixencia física-kinestésica.
-
Mellora a intelixencia lóxico-matemática.
-
Mellora a capacidade de atención e concentración.
-
Mellora a intelixencia lingüística.
-
Mellora a intelixencia interpersonal, traballo en equipo.
-
Mellora a intelixentica intrapersonal, liderazgo.
-
Mellora a intelixencia emocional, enfrentarse a frustración.

• Robótica con Lego Mindstorms
Robótica máis avanzada, montaxes mecánicas máis complexos pero usando pezas de Lego, clases máis centradas na programación, inicialmente traballaremos con LabView e Scratch para despois traballar con outras linguaxes e sistemas operativos para os máis avanzados.
Desde o nove anos ata adultos organizamos as clases e grupos segundo idade e nivel, cada 2-3 alumnas/os traballarán cun kit de Lego Mindstorm e un computador.

• Novas tecnoloxías para a aula:
O obxecto de esta actividade é que os alumnos/as aprendan a integrar as tics coas actividades que teñen que realizar no seu día a día, coñecer lugares de onde obter información e ser criticos con ela, como gardar a información de forma segura, compartir arquivos e traballar de forma colaborativa usando ferramentas na nube, opcións distintas para presentar o seu traballo, mediante presentacións, animacións ou outras ferramentas.

• Xadrez.
A través desta actividade os alumnos aprenderán todo o relativo a este deporte: Introdución o xogo, elementos, regras, normas e etapas do xogo, técnicas e estratexias, a importancia da oitaba fila, mate con torre e rei, etc

• Multideporte.
Multideporte significa moitos deportes, e ahí se atopa a esencia desta actividade. Grazas a práctica de múltiples e variados xogos e actividades lúdicas predeportivas o/a participante adquire unha ampla base de esquemas motrices que lle servirán de iniciación para, nun futuro, comezar a aprendizaxe de calquera tipo de deporte, de pelota e balón como o fútbol ou o baloncesto, de cancha dividida como o tenis ou o voleibol, individual como o atletismo, etc.

• Teatro
A actividade pretende empregar o teatro escolar coma unha estratexia pedagóxica, lúdica, motivadora, transversal e multidisciplinar, na cal o alumnado participa nun grupo común que lles pertence e que fomenta hábitos de conduta que poténcian a socialización, a tolerancia e a cooperación. Potenciase así a creatividade, a responsabilidade, a vivencia dramática e persoal, o traballo en equipo, e o autocoñecemento e a autoestima.

• Inglés.
Traballaremos en paralelo o inglés cos propios contidos da etapa de educación primaria dunha maneira lúdica e estimulante: xogos, memories, flashcards ou actividades para pintar.