Rúa Doctor Dario Durán Gómez, 16, entreplanta
Vigo (Pontevedra)
Mo: 622 874 434
Centro de formación
Campamentos de videoxogos
Aprende a crear os teus propios videoxogos e como funciona todo o proceso de creación dun videoxogo desde a idea até a súa comercialización.
Os campamentos ou talleres deste tipo son adaptados á idade do asistente e adoitan variar ao redor dunha ou varias tecnoloxías determinadas. Onde se adoita dar unha temática conxunta a todas as actividades do campamento.
Actualmente estamos a ofertar nas seguintes áreas.
Scratch: Desde cero até o traballo con variables e listas, procedementos propios e efectos parallax a nivel de deseño.
Gdevelop:Onde nos introducimos ao uso de eventos, físicas, uso de cámaras etc.
AppInventor: Para a creación de xogos móbiles desde nivel cero até o traballo con procedementos e uso de distintos sensores do teléfono.
Microsoft Make Code Arcade: Onde programamos xogos para unha consola portátil tanto en linguaxe de bloques como tamén nos serve para introducir JavaScript.
Temos varios cursos con Minecraft, por unha banda temos a creación de mods con Mcreator empregando tamén linguaxe de bloques e introducímonos no modelado de figuras con BlockBench, doutra banda tamén segundo o nivel podemos programar directamente con Python desde Visual Studio Code.
Finalmente estamos a ofrecer cursos de iniciación á creación de videoxogos 3D con Unity ou Unreal Engine.