Comunícate connosco

¡Tus datos se enviaron con éxito!

  • b-facebook

Centro de formación

Calle Ulla, 4

36680 A Estrada (PO)

aa40estudo@gmail.com

Tel1: 886-153-609

Mo: 622-874-434

Mo: 699-130-534

Inicio
Sobre nós
Campamentos
Actividades
Blog

Quen somos

AA40ESTUDO é unha entidade que nace co propósito de ofrecer servizos de formación e ensino que favorecen a conciliación da vida laboral das familias co calendario escolar dos seus fillos e fillas.

 

Os programas que desde AA40ESTUDO se deseñan contribúen a ampliar a oferta horaria e de actividades dos centros, están dirixidos ás ANPAS, Concellos e outras institucións sociais que dalgún xeito están vinculadas ou interesadas polo fomento de actividades dirixidas ao menor, ás familias e outros colectivos.

 

As actividades organízanse cumprindo os seguintes obxectivos xerais:

 

  • Fomentar o desenvolvemento persoal do/a alumno/a facilitando e promovendo a súa socilización, coa adopción de actitudes e comportamento de compañeirismo, solidaridade e respecto.

 

  • Facilitar a integración do alumnado con maiores dificultades ou déficit, sexan éstes por razón de desfase na súa aprendizaxe, dificultades relativas ao idioma, pertencer a minorías étnicas ou poboación inmigrante, carencias afectivas...

 

  • Potenciar as capacidades e habilidades de creación e expresión artística.

 

  • Favorecer un espazo educativo, de traballo en equipo respetuoso e solidario.

 

  • Incorporar comportamentos e hábitos saudables para o uso creativo do tempo de lecer.

 

  • Fomentar e desenvolver o coñecemento por parte do/a alumno/a da informática.

 

  • Facilitar a xestión e a cooordinación de todo o proceso de planificación, execución, seguimento e avaliación; asesorando, orientando e informando con detalle ás persoas solicitantes do servizo e a todas as partes interesadas.

AA40ESTUDO Centro de formación

 

 

Avda. Fernando Conde, 40, 4ºD

36680 A Estrada (PO)

aa40estudo@gmail.com

Tel: 986-180-840

Mob: 622-874-434

Mob: 699-130-534

  • Facebook Classic
  • Pinterest App Icon
  • Twitter Classic
  • Google Classic