top of page

Listado de semanas temáticas a realizar nos campamentos de verán.

 

Aquí poderás obter máis información sobre o que vamos a facer en cada semana do campamento e cal pode ser a que máis che interese ir.

PRIMEIROS ENXEÑEIROS
DO 3 AO 7 DE XULLO
D

O longo desta semana os menores serán introducidos no mundo da robótica e en distintas formas de programación, farase unha posta en valor dos oficios STEM, traballaremos de forma transversal a igualdade de xénero e mediante xogos e manualidades descubriremos a historia dos inventos e os inventores.

SECREDOS MONSTRUOSOS
DO 17 AO 21 DE XULLO
 

Nesta semana potenciaremos a imaxinación e a creatividade dos menores, crearán os seus propios entes animados e traballaremos sobre os seus sentidos e cómo se poden relacionar entre eles, qué tipo de sociedade crearían?
 

 

MUNDO INDUSTRIAL
DO 31 DE XULLO AO 4 DE AGOSTO
 

No s. XVIII comezou a primeira revolución industrial e, é algo do que difícilmente podemos escapar... hoxe fálase da cuarta, quinta revolución industrial...

Nesta semana averiguaremos qué cambios supoñen esas citadas revolucións nas persoas, cal é o seu impacto, cómo funcionan as máquinas que nos rodean e, que poderíamos facer nós para mellorar este mundo industrial.

MUNDO ACUATICO
DO 10 AO 14 DE XULLOle

O longo desta semana veremos especialmente como se comportan os animais mariños e tamén como interactúa o home e as máquinas co seu entorno.

 

Emularemos ditos comportamentos e movementos con figuras mecánicas e programables.

 

 

MINECRAFT
DO 24 AO 28 DE XULLO

Grazas ás personaxes de Steve e Álex  introducirémonos neste xogo educativo, aprenderemos a programar, a realizar varios trucos co xogo, así como fora del, faremos as nosas propias ferramentas. 
 

ENERXÍAS RENOVABLES
DO 7 AO 11 DE AGOSTO

O ser humano cada vez precisa de máis enerxía para levar a cabo a súa rutina diaria. Investigaremos qué impacto causan os distintos tipos de enerxías e qué tipos de enerxías poderíamos usar.

Para isto, ademáis de robótica, faremos distintos experimentos, xogos e manualidades que nos axuden a concienciar sobre o uso de unhas ou outras enerxías.

 

MUNDO ANIMAL
DO 14 AO 18 DE AGOSTO
 

Nesta semana veremos como é o comportamento dos animais, onde viven, como se comportan, como se moven e se relacionan entre eles.

 

Emularemos ditos comportamentos e movementos con figuras mecánicas e programables.

STAR WARS
DO 21 AO 25 DE AGOSTO

Introducirémonos neste mundo de ficción, aprenderemos a programar personaxes coñecidos da saga, cómo funcionan os distintos vehículos que aparecen na triloxía e os distintos ecosistemas e sociedades que se crean en torno a cada planeta: Coruscant, Endor, Naboo, etc

 

AGRICULTURA SUTENTABLE
DO 28 DE AGOSTO AO 1 DE SETEMBRO
 

Investigaremos de onde proveñen os alimentos que tomamos a diario, desde a semente ata que chega as nosas bocas. 

Cómo se plantan e se conservan os alimentos e cómo poderíamos mellorar esta cadea (produción, mellor produto... etc)

bottom of page