Listado de semanas temáticas a realizar nos campamentos de verán.
Aquí poderás obter máis información sobre o que vamos a facer en cada semana do campamento e cal pode ser a que máis che interese ir.

PRIMEIROS ENXEÑEIROS
DO 3 AO 7 DE XULLO
D
O longo desta semana os menores serán introducidos no mundo da robótica e en distintas formas de programación, farase unha posta en valor dos oficios STEM, traballaremos de forma transversal a igualdade de xénero e mediante xogos e manualidades descubriremos a historia dos inventos e os inventores.

ENERXÍAS RENOVABLES
DO 17 AO 21 DE XULLO
O ser humano cada vez precisa de máis enerxía para levar a cabo a súa rutina diaria. Investigaremos qué impacto causan os distintos tipos de enerxías e qué tipos de enerxías poderíamos usar.
Para isto, ademáis de robótica, faremos distintos experimentos, xogos e manualidades que nos axuden a concienciar sobre o uso de unhas ou outras enerxías.

MUNDO ACUÁTICO
DO 31 DE XULLO AO 4 DE AGOSTO
O longo desta semana veremos especialmente como se comportan os animais mariños e tamén como interactúa o home e as máquinas co seu entorno.
Emularemos ditos comportamentos e movementos con figuras mecánicas e programables.

MUNDO INDUSTRIAL
DO 10 AO 14 DE XULLOle
No s. XVIII comezou a primeira revolución industrial e, é algo do que difícilmente podemos escapar... hoxe fálase da cuarta, quinta revolución industrial...
Nesta semana averiguaremos qué cambios supoñen esas citadas revolucións nas persoas, cal é o seu impacto, cómo funcionan as máquinas que nos rodean e, que poderíamos facer nós para mellorar este mundo industrial.

MUNDO ANIMAL
DO 24 AO 28 DE XULLO
Nesta semana veremos como é o comportamento dos animais, onde viven, como se comportan, como se moven e se relacionan entre eles.
Emularemos ditos comportamentos e movementos con figuras mecánicas e programables.

STAR WARS
DO 7 AO 11 DE AGOSTO
Introducirémonos neste mundo de ficción, aprenderemos a programar personaxes coñecidos da saga, cómo funcionan os distintos vehículos que aparecen na triloxía e os distintos ecosistemas e sociedades que se crean en torno a cada planeta: Coruscant, Endor, Naboo, etc

MINECRAFT
DO 14 AO 18 DE AGOSTO
Grazas ás personaxes de Steve e Álex introducirémonos neste xogo educativo, aprenderemos a programar, a realizar varios trucos co xogo, así como fora del, faremos as nosas propias ferramentas.

AGRICULTURA SUSTENTABLE
DO 21 AO 25 DE AGOSTO
Investigaremos de onde proveñen os alimentos que tomamos a diario, desde a semente ata que chega as nosas bocas.
Cómo se plantan e se conservan os alimentos e cómo poderíamos mellorar esta cadea (produción, mellor produto... etc)

SEGREDOS MONSTRUOSOS
DO 28 DE AGOSTO AO 1 DE SETEMBRO
Nesta semana potenciaremos a imaxinación e a creatividade dos menores, crearán os seus propios entes animados e traballaremos sobre os seus sentidos e cómo se poden relacionar entre eles, qué tipo de sociedade crearían?