Actividades presenciais no centro de A Estrada

 

No noso centro da Estrada realizamos unha serie de actividades presenciais para todas as idades, fundamentalmente relacionadas coa tecnoloxía, hábitos de estudo e idiomas.


Aquí podes ver unha pequena lista das actividades que ofertamos actualmente, temos un catálogo máis amplo de actividades que realizamos fóra das nosas dependencias, se desexas que impartamos algunha delas na nosa sede coméntanolo e estudarase se é factible realizar dita actividade.

Informática
I'mMecanografía
 
 

Aínda non sabes escribir con todos os dedos?

 

Podes aprender connosco unha destreza básica no mundo actual, dispomos de distintos horarios e grupos, infórmate na nosa academia cal é o horario que mellor se adapta ás túas necesidades. Temos cursos todo o ano.

Realizamos cursos de alfabetización informática tanto para adultos como para menores para que poidas aproveitar tanto no traballo como no teu lecer as xa non tan novas tecnoloxías.

 

Redactar un documento con imaxes e vídeos, envialo por correo ou compartilo coas túas amizades, falar por videoconferencia con eses familiares que están lonxe...
 

Achégate ás nosas dependencias e asesorarémosche. 

Técnicas de estudo
Scratch
 
 

Ao longo da nosa vida todas as persoas nalgún momento vímonos na obrigación de pornos a estudar, pasamos pola educación obrigatoria onde se nos di que é o que debemos aprender, despois imos ao instituto ou realizar cursos de formación profesional onde se nos da máis materia encamiñada a mellorar a nosa formación, máis tarde pode ser que fósemos á universidade onde poderiamos ter unha lista interminable de apuntamentos e tarefas pendentes en pouco tempo, incluso moita xente decide preparar unha oposición. 
 

Pero despois de todas estas etapas ninguén nos dixo como estudar, cada persoa tivo que buscarse o seu propio método ou desistiu en continuar porque non era capaz de enfrontarse a adquirir determinados coñecementos nun tempo curto.

 

Nesta actividade non só aprenderemos a traballar as distintas técnicas para axudar a aprender unha materia determinada se non que aprenderás a utilizar as técnicas de estudo que son mellores para ti, estudarás menos tempo con menos traballo, aprenderás máis e obterás mellores resultados.

 

Traballamos con grupos reducidos e de forma individualizada, consulta a dispoñibilidade de prazas e horarios na nosa academia.

Scratch é unha linguaxe de programación desenvolvida polo MIT para que os menores se acheguen dunha forma sinxela e lúdica ao mundo da programación.


Mentres realizan as súas propias historias ou videoxogos desenvolvendo a súa creatividade aprenden estruturas básicas de programación como bucles, condicionais, chamadas a funcións, obxectos... 

A partir dos sete anos introduciranse sen darse conta no mundo da programación, destreza que será tan básica como o é saber inglés hoxe día.

Robótica
 

A robótica é unha ciencia que abarca distintas disciplinas a programación, a mecánica ou a electrónica entre outras son as distintas ramas que compoñen esta materia.
 

Desenvolve a creatividade e psicomotricidade fina do menor e introdúceno no mundo da tecnoloxía, traballaremos con kits adaptados á súa idade con marcas de calidade como Lego ou Fishchertechnik.
 

Traballaremos con grupos reducidos, de dous a tres alumnos por kit e computador organizados por nivel e idades que van a partir dos cinco anos.

Robótica máis avanzada, montaxes mecánicas máis complexas pero usando pezas de Lego, clases máis centradas na programación, inicialmente traballaremos con LabView e Scratch para despois traballar con outras linguaxes e sistemas operativos para os máis avanzados.

 

Desde o nove anos ata adultos organizamos as clases e grupos segundo idade e nivel, cada 2-3 alumnas/os traballarán cun kit de Lego Mindstorm e un computador.

Robótica Mindstorms

As fofuchas son unhas figuras realizadas con goma eva coas que se poden representar personaxes, animais ou caracterizar a persoas.


Aprende connosco as técnicas para poder realizalas ti mesma/o.

Elaboración de
fofuchas
Manualidades
 
 
 

Elaboraremos distintas creacións a partir de distintos materiais, cartón, tea, madeira, material de reciclaxe, entre outros.


Unha actividade  para relaxar, ampliar a creatividade e mellorar a capacidade motriz.

O inglés é a terceira lingua máis falada no mundo, que nos pode servir de primeiro contacto para coñecer outras culturas ou conseguir traballo, unha lingua de obrigado coñecemento na sociedade actual.


Ofrecemos clases de reforzo de inglés para todos os niveis e actividades lúdicas nesta linguaxe para menores, adquirindo destreza nesta lingua desde idades temperás.

Inglés

Nun mundo cada vez máis global faise case imprescindible non só coñecer as linguas maternas e unha estranxeira, se non tamén unha ou dúas máis extra que permitan establecer relacións con outras persoas.
 

Cunha comunidade de máis de 60 millóns de falantes convidámosche a que te achegues a este idioma, traballamos con grupos reducidos, consulta no noso centro os distintos horarios e tarifas.

Francés

O alemán é a lingua máis falada de Europa, non só se fala en Alemaña, Austria, ou Suíza, tamén existen máis de 30 países no mundo que o teñen como segunda lingua.
 

Traballamos con grupos reducidos tanto con nenas e nenos como con adultos, ofrecemos todos os niveis.

Alemán
 
 
 
Portugués
 

O portugués é unha das linguas que se adoita ofertar como segunda opción nos institutos pero non só conta con iso, é a terceira lingua con alfabeto latino máis falada no mundo por detrás do español e o inglés.

Ven e reforza os teus coñecementos desta lingua.

Comunícate connosco

  • b-facebook