Comunícate connosco

¡Tus datos se enviaron con éxito!

  • b-facebook

Centro de formación

Calle Ulla, 4

36680 A Estrada (PO)

aa40estudo@gmail.com

Tel1: 886-153-609

Mo: 622-874-434

Mo: 699-130-534

Inicio
Academia
Campamentos
Extraescolares
Blog

CAMPAMENTO DE VERAN 2019
 

Descarga aquí a ficha de inscrición para os campamentos de veran de 2019 en Vilagarcía de Arousa.

 

 

 

 

 

AA40ESTUDO organiza unha serie de campamentos para menores de 6 a 14 anos de idade, que se celebrarán durante a última quincena de xullo e a primeira quincena de agosto, en horario de mañá de 10 a 14 horas. Con posibilidade de deixar ou recoller os menores entre as 9.30 e as 14.30h.

 

Impartirase nas dependencias da Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa sita na Avenida do Doctor Tourón, 46.

Formulario inscrición

Qué faremos no campamento?

 

Ofrecemos catro semanas entre os meses de xullo e agosto para que os vosos fill@s se divirtan e aprendan, realizando talleres de programación, electrónica, robótica, así como outras actividades educativas relacionadas coa temática de cada semana. Adaptando os obradoiros ó nivel dos asistentes, podendo asistir sen coñecementos previos.

 

Como ven sendo de costume faranse grupos por idades e nivel, onde segundo as características de cada menor profundizaremos máis nuns ou en outros contidos.

 

Veremos unha introdución ós conceptos básicos de programación con Scratch desenvolvendo un minixogo e mediante a plataforma code por medio de retos inspirados en Minecraft.

 

Construiremos robots e distintos mecanismos que serán controlados dende Scratch e os máis avanzados que traballen con Mindstorms EV3 avanzaremos a programar con JavaScript entre outras linguaxes e desenvolveremos aplicacións mobiles para Android onde os menores
poidan controlar o robot dende un teléfono móbil con este sistema operativo.


No apartado de Minecraft profundizaremos máis na creación de mods e plugins con MCreator, comezaremos a manipular código Java e tamén nos introducirémos na programación en Phyton manexando editores profesionais como o Visual Studio de Microsoft.


Traballarase modelado en 3D con varios programas entre eles MCSkin3D e ThinkerCad, no campo da realidade aumentada traballarémola a nivel lúdico cos máis pequenos e cos maiores introducirémonos nos conceptos básicos de deseño, marcador e crearemos exemplos básicos de realidade aumentada con Unity ou software similar.

 

Cal é o custo do campamento?

 

O prezo por semana de campamento é de 95€ para unha semana de 5 días e 80€ para unha semana de 4 días. 

 

Haberá un desconto do 10% para segunda semana ou segundo irmá asistente.

 

 

 

Como podo inscribirme?
 

Para realizar a inscrición no campamento é necesario cubrir a ficha de inscrición indicando o número de menores participantes  e realizar o pago da cota correspondente (especificando nome e apelidos do/a menor e datas nas que quere asistir) no seguinte número de conta:

 

(BBVA) ES47 0182 0787 4702 0161 0402

 

Unha vez efectuado o pago deberá enviarnos ao seguinte correo electrónico aa40estudo@gmail.com o xustificante bancario do abono.

 

Unha vez verificada a inscrición do menor porémonos en contacto para confirmar a obtención da praza. O número de prazas para esta convocatoria é limitado. As prazas asignaranse por orde rigorosa de confirmación de inscricións.

 

A data limite para inscribirse e asegurar praza é o 30 de xuño, a partir desa data só se aceptarán inscricións sempre que a actividade chegase ó mínimo de inscritos e existan prazas vacantes.

Que pasa se non consigo praza e xa paguei o campamento?

 

Aquelas persoas que quedasen fóra da convocatoria e teñan realizado o pago debidamente xustificado devolveráselles integramente o diñeiro abonado.

 

Aquelas persoas que teñan abonado unha ou máis semanas pero a actividade non se chega a levar a cabo durante ese tempo por baixa participación seraselles devolta a parte proporcional a ese tempo sen que afecte ós descontos que lle poideran corresponder.

 

Non se devolverá diñeiro algún no caso de que non exista xustificante bancario de realizar o pago da actividade.

Obtivemos praza no campamento pero agora non imos poder asistir. Devolvedes o importe abonado?

 

No caso de obter praza e por motivos alleos á empresa o/a menor non asiste ao campamento non terá dereito á devolución total ou parcial da cota de inscrición.

 

Para máis información ou comunicación durante o campamento podedes contactar connosco dos seguintes modos:

José Antonio Taibo 622 874 434

Ana María Landeira 699 130 534 (Tamén por whatsapp e telegram)

Correo electrónico: aa40estudo@gmail.com